Viceversa é unha revista integradora que ten por obxectivo publicar artigos e estudos orixinais e de calidade que describan e analicen as últimas investigacións no campo da tradución e da interpretación. Todos os traballos publicados en Viceversa son obxecto de lectura e revisión externas. As áreas de interese da revista inclúen, entre outras:
Historia da teoría e da práctica da tradución e da interpretación, Teoría da tradución e da interpretación, Desenvolvemento e utilización de ferramentas de tradución e interpretación (dicionarios, glosarios, programas informáticos, etc.), Reflexións de profesionais da tradución sobre as súas obras, Críticas e recensións de traducións literarias e non literarias, Críticas e recensións de ferramentas de tradución e interpretación.
Bitra
Bibliographie Linguistique
carhus+2018 : D àREA:Filologia, lingüística i sociolingüística
CIRC: D
LATINDEX: 26
Linguistics and language behavior abstracts (LLBA)